A fundación A colección Visita Enlaces Contacto
A distribución nas tres plantas do Museo segue un criterio temático:
PLANTA BAIXA PLANTA PRIMEIRA PLANTA SEGUNDA


PLANTA BAIXA

Virxe co Neno
Imaxes de marfil
Pintura: Virxe co Neno. Outros temas
Anxos
Distínguense catro áreas. Na máis extensa exhíbense un grupo de Virxes co Neno sedentes, un bo número de imaxes da Virxe María, identificadas polo atributo do Neno, e Virxes do Rosario. A súa disposición permite ao visitante observar a evolución iconográfica, derivada do desenvolvemento do culto mariano. Entre estas tallas de madeira destacan as de estilo gótico, renacentista, barroco e unha fermosa Virxe neogótica.

Na área dedicada ás imaxes de marfil, xunto a pezas de temas variados e pequeno tamaño que se destinaban á devoción particular -entre as que chama a atención unha Virxe do Leite-, tamén se atopa unha talla da Virxe María de gran tamaño, cuxo perfil amosa o sometemento á forma do cairo.

A temática da Virxe co Neno tamén está presente na área dedicada á pintura a través de obras de grande beleza. Con elas tamén se amosan outras representacións, como a Lactación de San Bernaldo ou a Adoración dos Pastores.

Complétase o percorrido por esta planta cunha mostra de anxos, querubíns e puttis.

Versión en Galego Versión en Castellano English Version A fundación A colección Visita Enlaces Contacto Aviso legal