|
É unha edificación entre medianeiras, localizada no casco histórico da vila, cun pequeño terreo cara á parte de atrás, onde o uso da vivenda limitaba moito as condicións axeitadas para a exposición e o seu percorrido. Malia iso, as condicións tanto espaciais coma constructivas, facían moi interesante o reto de mudar este edificio nun museo. O método de intervención xurdiu da eliminación do superfluo, conservando a estrutura e as características orixinais da construción e da valoración da luz, tan singular debido á orientación da edificación. As fachadas do edificio consideráronse como unha primiera pel pola que entra a luz, xurdindo un espazo perceptible e comprensible coma un todo, onde aparecen as obras da colección dentro dunhas caixas formadas por paneis a modo de segunda pel, que peneiran a luz exterior e crean un ambiente recollido, que lembra os lugares onde normalmente se poden atopar ditas pezas. Para optimizar e facilitar a construción, moduláronse os paneis das caixas, deixando abertos uns ocos verticais para facilitar un percorrido entre eles. Destacan os paneis de madeira de cedro co seu cheiro característico. Los acabados foron sinxelos e neutros, pintura mineral en paredes, linóleo no chan e varanda sinxela de aceiro pintada. E todo iso fuxindo de interporse na lectura das obras expostas.
|