|
Está constituída na súa maior parte por imaxinería relixiosa: tallas de vulto redondo, relevos e pintura sobre táboa, lenzo e cobre. A maior parte das tallas e relevos son de madeira policromada, pero tamén hai obras realizadas noutras materias, como por exemplo un grupo de imaxes de marfil. Completa a Colección unha pequena mostra de ourivería relixiosa.
A temática xira principalmente en torno aos tres temas que gozaron de maior popularidade na arte cristiá medieval, moderna e contemporánea: os temas marianos, a Paixón de Cristo e os temas haxiográficos. Ofrécese deste xeito un variado repertorio iconográfico no que a Arte Sacra se refire.
O marco cronolóxico que abarca é moi extenso, vai desde finais do século XIII ata o XX.
|
 |